Repsol apoia a World Robot Olympiad Galicia 2024

Press Release 01/06/2024

01 June 2024 - 16:30 CEST | PDF | 332.85 KB

Esta fin de semana celebrouse a sétima edición da “World Robot Olympiad” (WRO GALICIA 2024) organizado por Arkitas Robótica, na que participaron máis de 40 escolares coruñeses. O complexo industrial de Repsol na Coruña foi un ano máis, patrocinador oficial desta competición robótica celebrada no Muncyt, dentro do seu compromiso educativo e aposta polas iniciativas STEM.

A World Robot Olympiad (WRO) é un campionato educativo de robótica con alcance internacional que ofrece a nenas e nenos unha oportunidade única para achegarse de maneira divertida á tecnoloxía e a enxeñería. Promovido pola entidade World Robot Olympiad Association e coordinado a nivel nacional pola Fundación EducaBOT.

Os 12 equipos participantes na competición, con idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos, tiveron que superar cos seus robots distintos retos nos taboleiros de competición, relacionados coa terra e a sustentabilidade.

Estiveron distribuídos en catro categorías: ROBOBASIC e ROBOMISSION (ELEMENTARY, ROOKIE e JUNIOR).

  • En RoboBasic (de 6 a 12 anos) os participantes tiveron que axudar co robot ao rescate de animais en medio dun desastre na natureza, ganaron los “ROBOMAGIC” formado por Martín Ferreño e David Cabarcos coa súa adestradora, Beatriz Molina.
  • En RoboMission, os compoñentes de construción dos robots son Lego:
  • Elementary (8-12 anos) os equipos tiveron que construír un robot que se encargase de xestionar o cultivo de un horto. Os ganadores foron POTICHUS equipo formado por Ma nuel Vázquez e Javier Iglesias, adestrados por Anxo Fernández.
  • Rookie (11-15 anos) un robot debe axudar no reto de conseguir cidades verdes. Os gañadores foron do Colexio EIRÍS: Eric Un Wang, Lucía Fernández e Sebastián Palomino, adestrados por Gian Carlo Valdiza.
  • Junior (11-15 anos) O equipo do Colexio Peñarredonda: Saúl Rodríguez, Gabriel Lema e Diego Máquez, adestrados por Manuel García-Lastra ampliaron o reto anterior de cidades verdes con cultivos de xardíns verticais, etc.

Estes gañadores de cada categoría do Torneo participarán na final nacional que este ano será en Huércal (Almería) do 14 ao 15 de setembro e, alí quen logre o primeiro posto da súa categoría na nacional, obterán unha praza para competir do 28 ao 30 de novembro na final internacional, que se celebrará en Izmir (Turquía).

A maior dificultade e o maior mérito radica en ser capaces de memorizar tanto a montaxe dos robots (os kits de robótica chegan completamente desmontados ao evento) sendo capaces de construílos e programalos nun tempo récord de 2 horas e media, sen axuda do seu adestrador, antes de saír a competir aos correspondentes taboleiros.

En Galicia, con este, xa son sete os torneos celebrados grazas á empresa coruñesa Arkitas Robótica, que se dedica desde hai 10 anos á formación en programación e robótica educativa de nenos e adultos. Desde entón, foron numerosos os equipos coruñeses e galegos que chegaron a distintas fases nacionais e dúas os equipos que alcanzaron as fases internacionais de Nova Deli (2015) e de Tailandia (2018).

Repsol: Promovendo as iniciativas STEM

En Repsol cremos que a educación e un mellor coñecemento das ciencias, a tecnoloxía ou as matemáticas constitúen unha panca de desenvolvemento na nosa contorna. A innovación e a tecnoloxía forman parte do noso ADN e por iso promovemos a formación de vocacións científicas entre nenos e mozos a través das disciplinas STEM.