Repsol inaugura o VI Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova) da Xunta de Galicia
A directora do complexo industrial, Natalia Barreiro, foi a encargada de inaugurar xunto ao fundador e presidente do grupo téxtil elPulpo, José Antonio Chacón, o VI Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova). Un evento da Consellería de Educación e Ciencia que xunta durante tres días a innovación co emprendemento e a formación coa empresa.
Ambos os directivos participaron na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela (A Coruña) nunha mesa redonda sobre a importancia da Formación Profesional para as empresas e o papel crave e impulso da innovación e o talento emprendedor nas mesmas.
Durante a súa intervención Natalia Barreiro achegou aos asistentes o longo “noivado” de Repsol coa FP, unha relación que converteu ao complexo industrial da Coruña nun centro de prácticas e de talen-to para un milleiro alumnos de diferentes modalidades formativas e que alcanzan unhas cifras de empregabilidade do 90%. Pola súa banda, José Antonio Chacón destacou que grazas á FP o grupo téxtil pode formar cada ano a diferentes persoas e empoderalas para conseguir sacar o mellor de cada unha delas.
Tanto Barreiro como Chacón coincidiron na importancia da formación e do talento das persoas para as empresas e do valor das mesmas para o impulso da innovación e as novas ferramentas tecnolóxi-cas nas compañías.
O proxecto “Dixital Twin Boxes”
Ademais da xornada formativa, na nova edición de FP Innova centros educativos e formativos de toda Galicia presentaron do 24 ao 26 de abril diversos proxectos de innovación e emprendemento creados polos seus alumnos de FP. En total máis de 50 traballos entre os que se atopa o proxecto “Dixital Twin Boxes” levado a cabo polos alumnos da FP de Química Industrial do IES A Sardiñeira (A Coruña).
En colaboración con Repsol os alumnos crearon un simulador de realidade virtual que permite o ades-tramento de alumnado e empregados en procesos e operacións de mantemento dentro dunha planta industrial.
Este proxecto innovador foi financiado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, apoiado pola Unión Europea no marco dos fondos Next Generation EU e no que tamén participaron estudantes do Institut Comte de Rius (Tarragona), o Centro de Formación Somorrostro (Muskiz) e o CIFP A La-boral (Xixón).
Máis información: FP Innova 2024