Os ODS de Repsol no III Foro Económico Español “A Galicia que vén”

Ponentes en Foro Económico.

A xerente de Modelo e Plans de Sustentabilidade de Repsol, Sonia Hernández Barrada, participou na mesa redonda sobre as grandes empresas galegas e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles (ODS) do III Foro Económico Español “A Galicia que vén”, organizado polo diario dixital O Quincemil do Español na Coruña.

Hernández Barrada explicou a integración da estratexia de Repsol coa sustentabilidade e a Axenda 2030 e os ODS prioritarios para a compañía multienerxética, nunha charla moderada pola directora de Competitividade Estratéxica en Agroamb Prodalt SL, Josefa de León, e que contou tamén coa participación do director de Calidade e Medo Ambiente de Vegalsa-Eroski, Ricardo Castro, e a coordi-nadora de Sustentabilidade de Abanca, María García Cabeza.

A responsable da estratexia de Sustentabilidade de Repsol achegou aos asistentes que a compañía leva máis de vinte anos impulsando sustentabilidade na súa actividade e como a día de hoxe a Axenda 2030 está integrada e incorporada en todos os seus negocios.

“Sumámonos e identificamos a que obxectivos podemos dirixirnos sen deixar ningún deles atrás, o que nos leva a realizar unha transición enerxética accesible, segura e sostible”.

Hernández Barrada destacou tamén durante a súa intervención que Repsol busca ser unha compañía cero emisións netas en 2050 e co o obxectivo de alcanzalo centra a súa estratexia de sustentabilidade no ODS7 Enerxía alcanzable e medio ambiente, o ODS13 Acción polo clima, e o OD17 Alianzas para lograr os obxectivos.

Ademais, a responsable da estratexia de Sustentabilidade explicou que Repsol conta, a maiores da súa contribución á Axenda 2030, con varios plans de sustentabilidade: un plan global e un por cada un dos centros industriais, entre os que se atopa o da Coruña que xa se publicou dez plans. 

Escoita a charla completa na seguinte ligazón: Mesa redonda. A grandes empresas galegas e as ODS.